Inicio » Artigos » RELATO DE VERÁN

RELATO DE VERÁN

Xullo 2012
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

El di que quere ser escritor e non hai por que desanimalo. Pídeche orientación e dislle que ten que ler moito, porque ves que non ten lecturas, e despois facer exercicios con vontade de estilo, empezando polo máis sinxelo e traballando con tesón.

Pero os aprendices tenden a ir tras do complicado e el quere escribir unha novela histórica centrada nun tema peliagudo á que se quere poñer porque está de actualidade e a actualidade logo acaba. Ti intúes que anda in albis no tema e el recoñece que non sabe por onde meterlle o dente. E desaconséllaslle tal pretensión, razoando que é difícil empezar por unha novela, aínda de tema menos complicado, se non seu leu bastante narrativa e non se ten medio dominado o oficio de contar. Xa non se diga da novela histórica que require moita documentación e verosimilitude. Recoméndaslle escritores que estimulan, pero non lle interesan, que son un rolo. Uf! Porque hai que basearse no moderno, no último, no punteiro. E cítache os best-sellers como modelo de  posible lectura produtiva porque lle dan moitos cartos ao autor e el pretende vivir da literatura, que de algo se ha vivir, e non está por perder o tempo con obras raras que len catro.

Ti desenténdeste e busca outras axudas. Cando cres que te esqueceu, volve darche novas da súa actividade que, segundo el, vai en progreso. Segue sen ler literatura nin escribir negro sobre branco, pero pensa que pode facer 40 folios aínda que non ten decidido se esas páxinas han ser as últimas ou as primeiras, mais aí están como quen di saídas da impresora. Como novela potencial tena case resolta. Segundo escriba esas páxinas, ponlles título e rexístraa para evitar posibles plaxios. Os aspirantes a escritores témenlles aos plaxios e cúranse en saúde. Eu dígolle que fai ben sendo previsor. Porque os literatos avezados andan coas novelas e os poemarios de editorial a concurso ou viceversa sen se preocuparen de que os orixinais poidan ser fusilados por xentes ávidas de ideas alleas. Os aspirantes van máis sobre seguro.

E xa non sabes que máis podes facer e ocórreseche recomendarlle que escriba un relato de verán, que o acabe, o relea e lle quite  os epítetos, as repeticións e as descricións que non veñan a conto, procurando a ortografía do parágrafo. E vas polo teu propio relato de verán. Pero agora non sabes se empezar pola historia ou polo título.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: