Inicio » Artigos » PIRITA AURÍFERA

PIRITA AURÍFERA

Agosto 2012
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

RÍO DONSAL EN CANCELADA

RÍO DONSAL EN CANCELADA

O século XX pillou ao señor Manuel da Pereira estreando tamén os vinte anos na capitalidade dos Ancares, Becerreá. Xa acubillaba a paixón pola mineraloxía que lle contaxiara o Padre Amaya, misterioso personaxe do que ninguén lle soubo a realidade. Catar se de pequeno estivera nun convento, información que el non a daba e non o sobreviu. É moi posible que isto que escribo non o recorde ninguén, nin sequera a súa descendencia esparexida polo mundo. Pero eu herdeino da oralidade de meu pai.

Na súa roupa de home pobre non faltaba un peto para acoller o pequeno martelo que levaba encima por se o precisaba. Mais poucas ocasións tiña de o usar, salvo dúas veces ao ano, tras longas camiñadas, en rituais que facía polos solsticios na morrena do extinto glaciar de Piornedo, no meandro do Navia -cerca de San Martín da Ribeira- ou, se o tempo andaba moi revolto no solsticio de inverno, máis cerca da casa, no desrebo natural da Porteliña, unha estrana encanada costa arriba que ben parece un río desecado.

En calquera dos tres lugares esperaba atopar pirita aurífera, que alí todo acaía coa descrición que daba o Padre Amaya dos lugares preferidos polo ouro. Segundo el,  enunciado case con precisión científica, o ouro é da cor do ladrillo queimado e cóbrese da raiola do sol. Se está en pirita aurífera, esta é hidrotermal e preséntase escondida en sedimentacións metamórficas.

Para descubrir aquel tesouro, revolvía pedras de pequenas dimensións, collía as que lle parecían máis atinadas e dáballes un golpe en seco co martelo. O son, ademais das características que observaba pola vista, era definitivo para saber se alí había ou non pirita aurífera. Se non soaba como era de esperar, poñía a pedra onde estaba e seguía coa busca.

Nunca soou ben a pedra. Nunca a natureza lle deu a tonalidade tan etérea que non tiña oído nunca. Morreu sen atopar pirita aurífera, pero andou testán perseguindo e falando daquel soño ata que viu a derradeira luz.

(NB: Dedico esta evocación veranega a aqueles soñadores, mulleres e homes, que seguen con tesón insubornable tras da pirita aurífera máis valiosa de Galicia, a preservación do seu patrimonio lingüístico enraizado nas cousas)

Advertisements

2 Comentarios

  1. Récollo a dedicatoria. Pode que non soe como queremos, pero hai que levar sempre o martelo no peto por se a pedra aparece…Ou para darlle con ela na testa a algúns!!! (Eu non sería quen, iso déixoo para os arroutados)

  2. Non hai como vivir cunha ilusión e perseguíndoa sempre. Nós, ti incluída, andamos con ese marteliño a ver se soa o país normalizado. Nunca oímos ese son pero non nolo sacarán da cabeza. Aperta sororal tamén nesta angueira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: