Inicio » Artigos » OLIMPIA

OLIMPIA

Agosto 2012
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Olimpia, a cidade do Peloponeso ao pé do monte Cronio e ao lado do río Alfeo, pasou os estadios da gloria, a destrución e a recuperación parcial da súa simbólica arquitectura. Do vendaval da economía sobre o seu país non creo que presente aínda sinais. O designio de Olimpia, como o de Grecia, parece ser mostrarlle ao mundo as súas ruínas.

Olimpia recuperou parte do estadio onde se celebraban os xogos aos que deu nome, festas relixiosas, culturais e deportivas coas que se honraban os deuses desde o ano 776 a.C ata o 392 d.C. Segundo recolle a lenda, fixérao Heracles despois de acabar os doce traballos, en honra a seu pai, Zeus –do que se elevaba na cidade unha grande estatua-, fixando o costume de celebrar os xogos cada catro anos. Os participantes eran só cidadáns homes, que se entrenaban nos ximnasios. Mulleres, periecos e ilotas non pintaban nada alí. As sociedades fan cousas raras con normalidade, por iso as perpetúan ata que algún acontecemento rompe as regras impondo as súas. Outra lenda relaciona estes xogos coa tregua entre as guerras. Primeiro matábanse entre eles e despois establecían unha xoldra deportiva na que os atletas mostraban a súas habilidades e a  fermosura corporal. Unha vez acabados os xogos e debidamente honrados os deuses, volvían á guerra para se aniquilaren. Como Grecia era culta, incorporáronse tamén a música, a poesía e a danza ás actividades físicas. Finalmente foron abolidos polo emperador cristiano Teodosio I que os consideraba paganos, madia leva.

Como sempre se acaban volvendo os ollos ao berce da nosa civilización, xurdiu no século XIX  a idea de organizar algo parecido para promover a fraternidade. Xa no X, levaron ata Atenas a primeira reedición. Así que se escolleron cinco aros para representar os continentes -¿quen decidiría que Europa e Asia son dous continentes e por que seguimos a manter este erro xeográfico?-, que se entrelazan simbolizando a amizade deportiva dos pobos da Terra. Só a deportiva, claro. Nin sequera se reeditan as intervencións artísticas.

Os continentes, é dicir, os seus habitantes, pobos e países, poden explotarse, facer guerras cruentas e incruentas, expoliar recursos, arruinarse pola cobiza capitalista… Pero é necesario organizar Xogos Olímpicos que poñan paz e harmonía durante uns días. Teóricas, porque agora nin iso se consegue.

DISCÓBOLO

DISCÓBOLO

Advertisements

1 comentario

  1. O que é, afinal, o ser humano, não é mesmo? Decepciono-me.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: