Inicio » Artigos » DE TOUROS E RAREZAS

DE TOUROS E RAREZAS

Agosto 2012
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

OBRAS NA ESTACIÓN

OBRAS NA ESTACIÓN

O día 29 de agosto de 1947 volvía a nena de San Sebastián, en compañía materna, sentada nun banco de madeira dun vagón de tren. Había que facer transbordo en Venta de Baños e pasar alí unhas cantas horas sentadas nas maletas. Era época de viaxes comunitarias nas que os pobres de terceira compartían friameiras coa xenerosidade que poucas veces tiñan os ricos. Tanto nun vagón como no outro había aquel día algo máis que compartir: a nova da morte de Manolete escornado polo touro Islero, ata lle estragar o triángulo de Scarpa, na praza de Linares.

A nena, que cumpriría sete anos a finais de setembro, tiña pasado moito medo na antiga praza de San Sebastián. Temía moitísimo pola sorte do toureiro. Sabía que estaba diante dun animal que embestía e, aínda que o destrozo do gran bicho e o arrastre pola area lle puxera o arrepío do sangue diante dos ollos, non ía máis alá do razoamento de defender ao humano sen ver que era o tentador artífice daquel desvarío. Era unha época na que o sangue vertido por persoas en guerra fratricida aínda estaba fresco e, polo tanto, fóra do medo que a levou a se finxir enferma para non asistir á ultima tourada á que os acomodados amigos as convidaban, nin na mente da meniña nin no seo da sociedade había conciencia clara da tortura do animal para unha diversión bárbara de humanos.

Case a punto de se cumprir 65 anos daquel episodio, o alcalde de Donostia, Juan Karlos Izagirre, confirmou que o seu Concello non ten previsto anovar a concesión da praza de Illumbe a ningunha empresa taurina, porque considera preferible darlle ao espazo un uso deportivo que podía ser incompatible coas sete touradas que se poden facer en todo o ano.

O presidente da Mesa del Toro, Carlos Núñez, asegura que o anuncio do alcalde é unha medida con signo antiespañolista. Asegura que a Festa non entende de cor política por ser universal e engade aínda dúas cousiñas que ata parecen de sentido común: que Bildu debe responder ante as inquietudes dos seus votantes e facelo con racionalidade, porque está xogando cos sentimentos dos cidadáns e iso non está ben. E que xente disposta a facer cousas raras haina en todas partes. Pero a aquela nena de onte gustaríalle que o Sr. Núñez lle chame xente rara á que ve con espírito festivo e incluso con pretensión artística a morte dun animal torturado cando a humanidade chegou ao século XXI.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: