Inicio » Artigos » PREMIO “LIEBSTER BLOG”

PREMIO “LIEBSTER BLOG”

Agosto 2012
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Este blog foi premiado por http://carlosduranblog.wordpress.com

Recibo a agradable nova de que este blogue foi distinguido cun premio Liebster Blog -galardón honorario que outorgan os blogruers ás pequenas bitácoras- polo amigo e seguidor Carlos Durán.

Carlos Durán é un dos primeiriños lectores deste blogue e, en xusta reciprocidade, eu son unha seguidora do seu desde os meus inicios xa que me interesa moito o seu seguimento da actualidade.

Cando aceptei o premio fíxeno baixo o compromiso de contactar con cinco blogguers pedíndolles o compromiso de cumpriren elas tamén as seguintes normas:

  1. Copiar e colar o premio no seu blog ligándoo ao blogger que as premiou
  2. Premiar elas a cinco blogs deixándolles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron.
  3. Confiar nelas para que sigan a cadea

Estes son os meus cinco premios:

http://marmaquinandonotempo.blogspot.com.es. Lévao diariamente a profesora Mar Corbelle e é unha interesantísima ferramenta de difusión cultural con aplicación inmediata no mundo do ensino como extraordinario material de apoio.

http://listasdetareas.wordpress.com de Anabel Bugarín, un espazo de creatividade literaria cheo de frescura con imaxes moi selectas e outros aportes.

 www.laciudaddelafuria.com no que Adriana Fernández Lagoa publica unha magnífica escrita na que se mesturan as dúas culturas da súa vida: a que adquiriu en Buenos Aires e que herdou, e agora retoma aquí, dos antergos.

http://soledadfelloza.com/la-caja. La Caja de los Hilos, de Soledad Felloza, artista multidisciplinar e engaioladora coa imaxe, a palabra escrita e a palabra oral. O blogue fai tamén un estupendo seguimento da actualidade cultural.

http://mariadario.wordpress.com/ da profesora Maria Lúcia Dário, que desenvolve o pensamento filosófico que imparte en São Paulo. Está moi relacionada coa Universidade de Santiago de Compostela onde cursou estudos de doutoramento.

Quero agradecer este xesto a Carlos Durán e animo a quen siga estas publicacións que visite os blogs aos que eu lles concedo tal distinción.

Advertisements

4 Comentarios

  1. […] prezada e admirada Helena Villar Janeiro, dende o seu blogue https://tirardofio.wordpress.com vén de conceder a distinción Liebster Blog a esta bitácora. Con el, os bloguers premian de xeito […]

  2. […] Helena Villar Janeiro otorgoulle o premio Liebster Blog a Anabel Bugarín Villar, que ten un blog que se chama Tareas de la cotidianidad. Aceptar este premio leva a obriga de buscar cinco blogs a quen darllo. Un deles foi o meu. Agora tócame a min espallar o meme. Escollín blogs entre os que me deixaron recientemente comentarios animosos, blogs que fosen de poesía  [non debe ser doado manter un blog de poesía cando non se é Farruco Sesto Novás]. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: