Inicio » Artigos » NA CONCA DO RÍO DONSAL

NA CONCA DO RÍO DONSAL

Agosto 2012
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

 

Imaxino que marabillas dirán de Galicia, da comarca dos Ancares e de Cancelada en particular, as sete mozas e os tres mozos que pagaron o billete de avión, desde oito países de orixe, para viren axudar á conservación do medioambiente na conca do Donsal, río que nace e transcorre por terras do concello de Becerreá e remata nas de Navia de Suarna. Ao río houbo de procurárselle o nome nos documentos antigos para fundamentar un proxecto rural que nos honra aos que temos orixe canceladesa.

Nesta III edición do Campo de Traballo Internacional, dirixidos polo arquitecto Julio López Mouriño, ao lado de cooperantes de A Coruña e Barcelona, e membros de Castiñeiro e Nogueira, asociación que leva a cabo o proxecto de revitalización do rural na zona que atravesa o río, os voluntarios fixeron labores de mantemento, limpeza e sinalización dunha ruta que cada vez recibe un maior número de sendeiristas e figura xa nos blogues máis especializados. Tanto a natureza -desde o nacemento no Couso onde locen hoxe os froitos os últimos capudres  testemuñais da flora alpina, ata a confluencia na ribeira de Cabana co Navia- como os restos etnográficos aínda ben conservados que ten á beira fan deste sendeiro de 15.9 quilómetros un paraíso singular que pode percorrerse por camiños transitados ao longo dos séculos para realizaren traballos agrícolas e comunicacións os habitantes dunha zona de montaña, hoxe en perigo de abandono e desleixo final por falta de oportunidades para lograr un medio de vida  acorde cos avances do desenvolvemento.

Toda a riqueza natural e histórica que ofrece aquela terra acrecéntase, aos ollos destes altruístas visitantes, cando se integran durante quince días na sociedade rural onde non falan inglés pero coa que axiña aprenden a se comunicar a través do traballo comunal e dos talleres lúdicos sobre a gastronomía da zona e de Galicia, e da xornada festiva que en honra súa se organiza o derradeiro domingo da quincena da súa permanencia.

Onte, xoves, acabou este campo de traballo canceladés, un dos máis solicitados no CSI. Hai voluntarios que repetiron a experiencia e mesmo quen veu desde Madrid para participar na xornada festiva que se desenvolveu o día 25 e así retomar contacto con este paraíso, cos nativos e con Castiñeiro e Nogueira, que o merece todo pola súa xenerosidade e bo facer.

A AUTORA SOBRE O RÍO DONSAL (1964)

A AUTORA SOBRE O RÍO DONSAL (1964)

Advertisements

2 Comentarios

  1. sapoconcho galego di:

    Cancelada e por que estaba pechada con cancelas ?

  2. É unha comarca grande formada por varias parroquias. Todos os seus nomes e mesmo as aldeas levan o topónimo detrás, aínda que sexa Quintá a que aparece sempre unida a el como parte do seu nome. É posible que faga referencia a cerca ou, se cadra, ás tribos “celae”. Teño que averigualo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: