Inicio » Creación » MEMENTO

MEMENTO

Setembro 2012
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

CEMITERIO DA CHAIRA LUGUESA

CEMITERIO DA CHAIRA LUGUESA

De non ter percorrido outra vez a beira daquel río, quizabes non o volvese recordar. Pero alí estaba o penedo de sentaren as tardes de xuño, baixados de cadansúa aldea porque non había escola polas tardes.

El falaba da tristeza do abandono materno e da admiración polo pai que criara os cinco irmáns… Ela cría que buscaba alí a nai, a protectora perdida.

Un día aguantaron a tronada durante os oito quilómetros que había ata o coche de liña dos venres. Chegaran mollados como pitos. Riron a gargalladas e miráronse de xeito diferente. Ela descubríu naqueles ollos azúis un enigma que nunca chegaría a comprender.

Desde as Milicias Universitarias do campamento de Monte la Reina, escribiulle varias cartas difíciles de responder. Eran longuísimos monólogos. E así acabou todo.

Ata  que se interpuxo o penedo do río de montaña.

Xa lle foi difícil recordar o segundo apelido. E, cando o tivo, foi mirar a Google que fora del. Estaba en Facebook, pero non o era. Tamén había a entrada de tres esquelas, pero só na terceira figuraba a familia. Seu pai, xa non. Os irmáns, a muller, fillo e filla, nora e xenro, e unha neta. E aparecía a nai que quería e odiaba a un tempo.

Morrera o día de San Martiño do pasado novembro. Ese día das castañas funerarias ela tamén sentira que morría un pouco.

Cos ollos perdidos nun azul de río, ceo e enigma, pechou a modo a fiestra do Google. E borrou dúas bágoas das pálidas meillelas.

Advertisements

6 Comentarios

  1. En Monte la reina tamén pasou meu pai un tempo, nos tempos aqueles.

    Gústame o relato, é noviño Helena ,

  2. Se te refires ao tempo exterior do relato, naceu esta tarde. Graciñas pola lectura.

  3. Graciñas, Adriana. A min tamén me deixou satisfeita como narración bastante lograda con tan poucos recursos.

  4. Inma di:

    canto máis o leoo (catro ou cinco, xa van), máis me gusta.
    Bicos, Profe!

  5. Pois canto me gusta que che guste. Bicos grandes para ti tamén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: