Inicio » Artigos » DA FRIAMEIRA AO TUPPERWERE

DA FRIAMEIRA AO TUPPERWERE

Setembro 2012
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

A friameira baixou dos andamios para se coar nas aulas. Aos andamios case non queda quen a leve. A imaxe dos traballadores da construción encaramados en táboas e estruturas metálicas dándolle á paleta e piropeando mulleres ao seu paso podémola considerar unha estampa de época. Os últimos xa non cargaban coa comida. Os tempos de bonanza animáranos a xantar o menú do día nun establecemento que se adicaba practicamente á súa atención. A vida era doada cando seica andabamos por riba das nosas posibilidades sen nos decatarmos.

Na escola rural de hai xa ben anos, o alumnado que vivía en núcleos da parroquia afastados da escola viña coa súa carga matinal de pan con algo, permanecía toda a mañá na aula e, ao saír, íaa comer a unha casa da veciñanza que lle ofrecía xenerosamente o caldo e lle deixaba quentar os pés no tiro da cociña. Eu nunca lle vin friameiras porque a escola era allea totalmente a este problema, como se non existise. A mestra non vivía moito mellor. Nun momento eufórico, apareceu a caridade norteamericana e as escolas empezaron a distribuír entre o alumnado queixo enlatado, amarelo, e leite en poo, que á rapazada non lle gustaba. Se algo tiñan bo nas súas casas era leite e non me estraña que rechazasen aquela poeira desfeita en auga que, de non haber casa escola, había que ir ferver onde o permitisen.

Pero cambiou a cousa cando chegaron as concentracións escolares ás vilas, as nais se puxeron a traballar fóra da casa e foi medrando aos poucos un estado de benestar que parecía conquistado para sempre e se vai afastando de nós como veleiro que di adeus coa vela branca. O alumnado comía nos centros escolares, en instalacións ad hoc, un menú dietético, que últimamente ía incluso dirixido a combater a obesidade infantil, pero empeza  a desfacerse o castelo de naipes e a obesidade non sei se non acabará resolta pola fame.

Mientres evolucionaba a mellor a economía, tamén a friameira se foi convertendo en tupperwere, chamado simplemente táper. Aquel cacharro coqueado polas inevitables caídas e provisto de peches complicados, acabou sendo un recipiente funcional de plástico de diferentes cores, formas, tamaños e prestacións. E este outono empeza a súa escolaridade en versión sinxela e pequeno formato. Mesturado con libros e cadernos, será difícil que non os marque con lamparóns de graxa.

O TRISTE CANTO DO CISNE

O TRISTE CANTO DO CISNE

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: