Inicio » Creación » NA MERENDA DO SANTO

NA MERENDA DO SANTO

Setembro 2012
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

A romería

quitoulles as entrañas

a garrafóns e cestas

e ordenou que agardasen pola noite

estricados nas uces.

 

No algareiro convite cabo da ermida

rebuliron na tarde

como augas de regueiro veladas polos xuncos

as mazás femininas

e os gladiolos ocultos tremeceron tamén

ansiando navegar pozas toldadas

onde as cervas se bañan

pola amencida.

 

O aire da serra

inflamounos os beizos

e puxo na espadana da ermida deste santo

a chamada da terra buscando froito,

que había na merenda corpos floridos

e cantigas herdadas:

 

Mia madre velida, e non me guardedes

d’ir a San Servando, ca, se o fazedes,

morrerei d’amores.

De “Nas hedras da clepsidra”, 1999

EMPANADA CANCELADESA

EMPANADA CANCELADESA

 

Advertisements

2 Comentarios

  1. Norberto Lema Regini di:

    Quen me dera Señora, merendar polo santo cunha empanada no cesto e celebrar a natureza ca evocación do seu canto.

    Un pracer Tirardofío. Grazas e saúdos.

  2. Grazas a Vde., Norberto, por dar un paseíño por este blogue. Saúdos moi cordiais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: