Inicio » Artigos » METAMORFOSE

METAMORFOSE

Setembro 2012
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

«Non hai que permanecer na cama inutilmente», dixo unha mañá Gregor Samsa, o humano que se converte en insecto na ficción de Frank Kafka. A fotógrafa dixo o mesmo, descoberta a metamorfose que se está operando ao noso redor. Non é necesario que cambies ti. Pode ser a realidade quen se convirta en insecto repugnante que che quita a gana de te erguer para te mergullar nela. Pero hai que seguir a evolución desa praga coa que tropezamos.

Abandonou a cama para fotografar o insecto ambiental, a realidade mutante que nunca o foi a tal velocidade. E saíu axiña tomar unhas instantáneas. Unha fotógrafa atopa imaxes interesantes porque sabe buscar con mirada inquisitiva que pasa por riba do que non deixa ver. Poucas cousas son tan rechamantes como unha gran manifestación, un desafiuzamento, unha cola ás portas dun comedor social ou da oficina do INEM. Iso veo calquera. Pero ela busca imaxes connotativas, das que fan máis cómplice a quen as mira. Uns cantos carteis de “Véndese” ou “Alúgase” avellados, os zapatos moi gastados nun viandante normal, os postos da praza de abastos sen apenas quen acuda comprar, o escaparate abandonado desde hai tempo cheo de papeis, a pintada inxeniosa contra a mala política que fai rir e cavilar desde a parede… Hoxe nin iso. Non atopa nada que pague a pena recoller. Non había gráfico que fose quen de describir a fase da metamorfose galopante que nolo está cambiando todo.

Volvendo para a casa, chamoulle a atención que setembro mantivese varias rosas tan frescas nun pequeno xardín que lle saíu ao paso. No medio dun proceso de cambio no que todo vai a menos, esas rosas fragantes eran unha tentación simplemente estética, libre de todo outro interese. Detívose diante dunha multifolia de cor rosa aínda mollada coas últimas pingas que deixara a rega, enfocou ao seu gusto e disparou.

Utilizou os medios que manexa para traballar coa imaxe. Quitoulle o fondo e foina cambiando de cor. Así naceron na pantalla do ordenador rosas azúis, violeta, amarelas, alaranxadas, amarronadas… En chegando aos verdes, a rosa converteuse nunha leituga tréfega e entráronlle ganas de ir buscar aliño e meterlle o dente. Non houbo forma de ver nela unha rosa. Nas súas mans tamén ocorrera un cambio irreversible por saltar a misteriosa liña vermella que non se debe traspasar. Como ocorre en todas as metamorfoses.

DE ROSA A LEITUGA

DE ROSA A LEITUGA

 

 

 

 

 

Advertisements

3 Comentarios

  1. Deliciosa, linda e mágica metamorfose: da flor ao alimento.
    Sigo-a sem pestanejar, Profa. Helena. Obrigada por tamanha aptidão artística, sempre a nos encantar. Um abraço do Brasil.

  2. […] METAMORFOSE -22.907105 -47.063239 Classificar isto:Partilhar isto:Gostar disto:GostoBe the first to like this. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: