Inicio » Creación » Fotografia » PERDERLLE O MEDO AO WOK

PERDERLLE O MEDO AO WOK

Setembro 2012
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Estou empezando a lle perder o medo ao wok. Xa conquistei:

Temperatura. Lume pequeno a temperatura media.

Aceite. Xirasol, para non tapar o sabor das verduras.

Ingredientes principais. Frutos da horta variados con certa consistencia e que non chupen aceite: cenouras, fréxoles (xudías), coliflor, pementos, hervellos (chícharos), penca de acelga, alcachofa, cabaciño, cebola, branco de porro, tirabeques, apio…

Preparación dos ingredientes. Cortados en pedaciños iguais, para que tarden o mesmo tempo en se pasar.

-Orde de incorporación. Debe empezarse polas máis duras e ir incorporando as outras sempre nun oco que se fai no centro de maneira que as que iniciaron o proceso queden sobre a parede lateral.

-Procedemento. Mover con coidado e frecuencia, pero sen marear a perdiz, é dicir, non fai falta remover constantemente.

 -Punto de fritura. Pola cor: as verduras brillantes e coa cor natural modificada. Pola textura ao meneo: as verduras suaves e doadas de manexar. O tempo total, arredor de 10 minutos.

-Aliño. Xa no bol de servir, algo de sal e salsa de soia ao gusto.

Para completar o prato:

Ovos escalfados.

Fideos chinos.

Friame.

Salmón afumado…

CO WOK CASE A PUNTO

CO WOK CASE A PUNTO

Adoita gustarlle a todo o mundo.

Se vos animades, xa contaredes.

Advertisements

6 Comentarios

  1. sapoconcho galego di:

    Fareiche caso. Que ten moi boa pinta. Grazas Helena.

  2. Crea adición. Porque as verduras saben doutra maneira. Grazas a ti polo seguimento.

  3. Só hoje aprendi que o óleo de girassol não permite que se perca o sabor das verduras… Que gostoso… Vou experimentar, prendada Profa. Helena!!
    Bom-dia, amigos galegos!

    • Querida amiga, o aceite de oliva -un luxo na cociña- saboriza moito. E estas verduras, tal como quedan, están máis ricas coa súa propia variedade de sabores. Así que lles cómpre un aceite insípido. Ao noso alcance, está o de xirasol. Outros aquí son máis difíciles de adquirir. Unha aperta.

  4. Kaia di:

    Na casa sempre fritimos con aceite de xirasol, pero eu para o wok emprego manteiga. Probarei co de xirasol, logo. Por certo, probaches a facer arroz no wok? Mmmm.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: