Inicio » Artigos » BENVIDA A UNHA NOVELA

BENVIDA A UNHA NOVELA

Outubro 2012
L M M X V S D
« Set   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Entre as cousas bonitas que trouxo o outono foi a novela que acaba de publicar a artista multidiciplinar Luz Darriba. Tiven a sorte de ver como se xestou Toda la gente errante e como naceu ese proxecto en crowdfunding ou micromecenado, do que tamén formo parte.

Cando unha artista ten formación tan ampla, por estudos e experiencia, non debera estrañanos que busque diversos soportes para expresarse, incluso a palabra escrita. Pero xa non se estila ser persoa renacentista como aquelas que o asumiron facéndoo ben en varias parcelas de entrega ás artes e ao saber. Hoxe, se se dá o caso, non adoita ser o xénero da novela o que se busca, porque este gran formato esixe unha forte  arquitectura na que sobrepoñer unha narración complexa. Pero a artista plástica que empezou a gañar premios coa palabra esta primavera –o primeiro foi o “Ánxel Fole” de relatos convocado polo Cocello de Lugo- estaba afeita a traballar xa sobre arquitecturas: a muralla de Lugo, que cubriu de libros, e os numerosos edificios e prazas sobre os que foi facendo instalacións galardoadas en diversas cidades do mundo.

E pasou á novela. Eu coñecín as orixes de Toda la gente errante a finais de 2010, cando tivo a amabilidade de me achegar unha primeira redación na que dúas mulleres, desde puntos de partida ben diferentes, inician unha aproximación transformadora ao entraren en contacto polas esixencias da vida actual: a moza preparada, en tránsito pola xeografía, que precisa aceptar calquera posto de traballo, e a anciá á que a familia lle busca unha coidadora que supla as súas atencións e afectos mentres acaba o seu tránsito vital.

Aquel borrador foi un descubrimento. Luz Darriba, en lendo eu aquel proxecto xa avanzado, víñaseme a revelar como novelista cunha bagaxe cultural enorme, unha capacidade expresiva rechamante e un gran coñecemento da sociedade dos nosos días como a cosmopolita que é. O resultado final non fixo máis que confirmar aquela impresión dos inicios. O seu coñecido empeño en contribuír a un mundo mellor transparéntase en Toda la gente errante a través dos dous personaxe principais Julia e Virtudes e os personaxes masculinos, secundarios que actúan como causantes, todos eles maxistralmente trazados. Toda la gente errante é unha novela fresca, profunda, de temática moi actual e escrita con técnica depurada.

NACE UNHA NOVELA

Advertisements

2 Comentarios

  1. mar corbelle di:

    Agardo con ganas o meu exemplar. Eu tamén colaborei para que saíra adiante. Fíome do teu bon criterio e da calidade de Luz.

  2. Foi unha marabilla ver nacer esta novela. Logo descubrín que escribe uns relatos marabillosos, pero as súas habelencias literarias éranme totalmente descoñecidas. Leva ademais unha tarxeta preciosísima de agasallo. Xa verás.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: