Inicio » Artigos » MULLERES RURAIS

MULLERES RURAIS

Outubro 2012
L M M X V S D
« Set   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

O 15 de outubro de 2008 instituíuse o Día Internacional das Mulleres Rurais, ao abeiro da resolución 62/136 da Asemblea Xeral da ONU. Recoñécese nela a contribución das mulleres na promoción e desenvolvemento agrícola, a seguridade alimentaria, o cambio e erradicación da pobreza. En Galicia, historicamente rural, a función das mulleres foi decisiva no seu desenvolvemento, aínda que no campo era frecuente a súa nula ou curta escolarización porque algúns pais consideraban que aprendían a escrita para se comunicaren cos mozos e que non a precisaban para o carteo coa familia desde o servizo militar como os fillos varóns. No pastoreo e nas faenas agrícolas, vivían expostas a violacións e a malos tratos. Eran, ademais, traballadoras do campo e pastoreo, pero, ao chegaren á casa, debían ocuparse dos labores domésticos e do despacho do gando. Tamén dependía delas a crianza da numerosa prole tendo ás veces que traballar nos eidos cos fillos máis pequenos metidiños nas cestas.

Rosalía dedícalles un parágrafo significativo no prólogo de “Follas novas”: “[…] Mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres (…) No campo, compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas; na casa, soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da pobreza. Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sin axuda pra mal manterse, pra manter ós sus fillos, e quisais ó pai valetudinario, parecen condenadas a non atoparen nunca reposo senón na tomba”.  Esta situación que vivían as mulleres no século XIX, só en parte superada, seguirá vixente mentres recaian maioritarimente nelas a atención aos fillos e aos dependentes, e o traballo e a administración domésticos.

ALDEA NOS ANCARES

ALDEA NOS ANCARES

Para millóns de mulleres do mundo, a situación é deplorable, porque a pobreza na que viven fainas máis vítimas da enfermidade e da inxustiza. Por non ter, nin sequera teñen auga ao seu alcance. Pensando nelas ditouse a resolución que pretende tomar medidas para mellorar as súas vidas e a sociedade mentres sexan as que participen na produción dos cultivos e o coidado do gando para alimentar a familia e sigan a diversificar os medios de subsistencia e de proporcionar coidados a infantes, anciáns e enfermos.

 

Advertisements

2 Comentarios

  1. As mulheres, tão fortes, tão admiráveis! ainda que, do meu ponto de vista, lhes falte mais amor-próprio. Não consigo ignorar esta lacuna.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: