Inicio » Artigos » DARLLE A VOLTA AO TRAXE

DARLLE A VOLTA AO TRAXE

Outubro 2012
L M M X V S D
« Set   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

No neoliberalismo que está marcando as nosas vidas e quitándonos os dereitos sociais gañados con tantos anos de esforzo, os ricos cada vez serán máis ricos, os pobres cada vez serán máis pobres e os do medio irán baixando pola escada do benestar. O concepto de rico é bastante claro. O de pobre é máis graduable. Xa o dicía Castelao na viñeta en que o cacique se encaraba co administrado botándolle en cara que se dicía pobre pero tiña unha vaca. Case todos sairemos perdendo e, con vaca ou sen ela, os que aínda agora levan vida digna iranse achegando ás necesidades. Un de cada cinco españois vive xa por debaixo do umbral da pobreza e a tendencia vai a máis.

Os postos sociais que se escalan pódense volver baixar. Quen pasamos pola longa ditadura tivemos que amañamos co que había, que era ben pouco e pouco se botaba de menos. Foi a secuela desa necesidade, unha vez coñecida outra fortuna, a que nos fixo crer que existen os miragres económicos estables e nos axudou a esquecer que nin hai pouco que non dure nin moito que non acabe. As familias que superaron na bonanza as deficiencias económicas foron as que se encargaron de facilitarlle á súa prole a sobreabundanza na que a xente nova andaba metida. A rapazada pasou da roupa para as medras a vestir e calzar exclusivamente marcas competitivas. De comer de xeito saudable a inxerir toda canta cousa se anunciara. De xogar comunitariamente co inxenio e a creatividade a consumir tecnoloxía individual de deseño masivo. Ao mesmo tempo, procuránronlles tamén os mellores estudos con licenciaturas, doutoramentos e mestrados incluídos.

Esa xuventude sofre hoxe a máis alta taxa de paro e xa iniciou o camiño da emigración do século XXI, a emigración máis preparada, o éxodo que entrega mozas e mozos con formación académica de excelencia a outros países para que aproveiten a man de obra especializada sen lles ter suposto desembolsos.

Outravolta as clases medias, sobre as que recae a maior recadación de impostos, lucirán como antano o mesmo traxe máis dunha tempada. Algúns veranse obrigados a darlle a volta ao seu para facelo novo. Recoñecerémolo polo peto superior da chaqueta e o ollal da lapela, que irán parar ao lado dereito. Contra a lóxica e a funcionalidade da maioría destra, ao traxe faráselle servir o mesmo. Pero denunciaranos que a pobreza é quen obrigou a revolvelo.

METÁFORA DO NEOLIBERALISMO

METÁFORA DO NEOLIBERALISMO

Advertisements

2 Comentarios

  1. Maribel Belón di:

    Ben certo, canta tristura me producíu hoxe ler esta reflexión.

    • Prezada amiga, imaxina a tristeza que me procudiu a min escribilo, recordando os tempos da miseria moral e material cando eu traballaba en revolvelos. Nunca pensei que volveran aqueles tempos e están aí. Negalo é unha necedade. Unha aperta grande a ti e á terriña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: