Inicio » Artigos » A CEA DE SAMHAÍN

A CEA DE SAMHAÍN

Novembro 2012
L M M X V S D
« Out   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Instigada pola omnipresencia nos medios de comunicación da recastada festa de Halloween, que está ocupando cada vez máis espazo co seu barullo de rechamante e nada amable estética, eu decidín volver este ano ás orixes, ao Samhaín, e revivir as poéticas celtas da ósmose do trasmundo que aquelas xentes estenderon pola vella Europa. Pareceume moi ben acubillar na casa os espíritos dos defuntos, agora que non se concitan polos soutos coa celebración dos vellos magostos. Para iso, con todo o recollemento que proporciona unha aldea, o habitat máis parecido aos escenarios daquelas ensoñacións, deixei tamén no corredor unha cabaza-caliveira con luz dentro para espantar os outros espíritos, os do mal, que camiñan esa noite moi espertos.

Co calendario da hora nova, recollémonos cedo e puxémonos a pelar as castañas dos bullós. As castañas, como deixo apuntado, son fundamentais neste rito e hai que comelas de xeito que agraden aos invitados, ou sexa, se non son asadas, que vaian cando menos cocidas e botadas en leite.

Xusto á hora en que o estómago empeza a pedir formalmente a cea fomos preparando a mesa e completando o menú. De segundo prato fritíronse unhas macrolepiotas adolescentes empanadas para servilas cunhas culleradiñas de ali-oli. De postre, dous produtos da horta: as mazás dos tempos de Pomona e uns caquis máis modernos, de árbore importada.

Os espíritos foron chegando e instaláronse arredor da mesa. Como non ocupan espazo, couberon moitísimos, unha multitude de descoñecidos. Non sei. Catar se eran antepasados que acudiron todos á nosa convocatoria porque non os esperaban xa noutras moradas. Diante de todos colocáronse as nosas nais e os nosos pais, pero todos miraban igualmente compracidos en silencio o que pasaba.

Non os vimos comer, pero estou segura de que probaron as castañas, que lles gustaron. Quizabes atoparon o leite destonado moi lixeiro e pensaron que leite era aquel de antes. O segundo prato era tan bonito que non deberon adiviñar que se trataba de fungos, se non ningún deles os comería. As mazás tamén lles souberon, pero os caquis deixáronos quizabes por ser demasiado parecidos aos tomates e non viren a conto en sobremesa.

Fóra estaba a chuviñar, pero aí ás doce foron marchando en silencio como viñeran, perdéndose na noite de Samhaín e deixándonos tras deles a súa paz.

SAMHAIN

Advertisements

9 Comentarios

  1. Inma di:

    Qé sensación máis agradable leer os seus relatos… Graciñas!

  2. Sempre agradecida aos teus comentarios, prezada amiga.

  3. Cris Val di:

    Con su permiso ..lo comparto…Saúdos dende Bosaires…

  4. Obrigada por este passeio antropológico, Profa. Helena. Lindo conto!, tão diferente dos cansativos norte-americanos, divulgados nas três Américas. Simplesmente, amei!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: