Inicio » Artigos » ROSALÍA EN JUAN RAMÓN

ROSALÍA EN JUAN RAMÓN

Novembro 2012
L M M X V S D
« Out   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Resulta revelador saber que libros conmoven de verdade aos grandes creadores da palabra poética. E estimulante, cando se descobre que un poeta que se ama se sentiu impresionado por outro que ocupa lugar preferente no noso corazón. O irmanamento que acontece no territorio íntimo desta emoción estética é unha vivencia que paga a pena descubrir.  Esa alegría chégame ben anos despois de que Juan Ramón Jiménez, o grande lírico que me acercou ao universo da palabra máis libre, fixese lectura do libro cume de Rosalía, a poeta singular que me seduciu máis que ningún outro de cantos levo lidos.

Gracias ás novas tecnoloxías tiven diante dos ollos un exemplar de Follas novas, vendido no seu día polo libreiro Tomás Sanz, da rúa Sierpes de Sevilla. Xa sería unha visión interesante por pertencer á primeira edición (La Habana, La Propaganda Literaria, 1880), pero convérteo en valiosísimo o feito de que tan cualificado lector o deixase marcado en once páxinas e ilustrase coas súas anotacións nove poemas que abranguen a variada temática de Follas: “Unha vez tiven un cravo”, “Dulce sono”, “Xa nin rencor nin desprezo”, “Cando era tempo de inverno”, “Mais ve que o meu corazón”, “Ódiote, campo fresco”, “Este vaise e aquel vaise”, “O meu olido máis puro” e “Mar cas túas auguas sin fondo”.

O de Moguer, que naceu un ano despois de que aparecese esta grande achega da literatura galega á universal, debeu procurar Follas novas na súa Andalucía para despois lelo con suma dedicación. E aquel acto de encontro entre poetas, sen dúbida demorado e paladeado con exquisitez, incitouno a ir escribindo á marxe dalgunhas composicións, ás veces versos completos, ás veces palabras e mesmo solucións alternativas, o que me inclina a pensar que sentiu necesidade de se implicar na súa tradución. As notas, de caligrafía ben singular, van máis alá dun recurso de facilitación da lectura que acontece nunha lingua da que nin sequera atoparía diccionario. Hai nelas unha vontade de estilo e unha precisión rítmica que delata esta afección. E, de feito, Juan Ramón Jiménez chegou a publicar versións completas, e exemplares como era de esperar, dalgúns poemas rosalianos, coma tal o que coñecemos por “Negra sombra”.

CAMELIA, A FLOR CONSIDERADA ROSALIANA

CAMELIA, A FLOR CONSIDERADA ROSALIANA

Advertisements

2 Comentarios

  1. Pois sí, unha vez máis amósase a internaciolalidade de Rosalía e a súa inmensa aportación ás outras literaturas ibéricas. Algún día , aquí, na súa terra valorarémola como se merece.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: