Inicio » Artigos » NA SOCIEDADE DO MEDO

NA SOCIEDADE DO MEDO

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Úneche a outros 37 subscritores

Cremos que viviamos na sociedade das tecnoloxías e a comunicación, pero vivimos na sociedade do medo, aínda que a este medo non lle son alleas nin a tecnoloxía nin a comunicación porque o expanden como se fosen lévedo e tamén axudan a loitar grupalmente contra el. Incluso a elite social, que non se ve atenazada pola necesidade nin a súa previsión, vive nunha especie de limbo do medo porque empeza a ter en conta o mal xenio dos que saen á rúa na defensa do pouco que vai quedando daquela estabilidade na que cadaquén se conformaba co que lle tocara en sorte.

É doado imaxinar o medo que sente aquel que sabe que o van despedir do seu traballo e ten que levar á familia a noticia afundidora. E o de quen vai quedar sen a casa onde se goreceu, despois de ter pagado parte dunha hipoteca, e aínda levará a súa débeda ás costas. Non resulta difícil comprender a magnitude dese medo despois de que sete persoas puxesen fin á súa vida porque non resistiron tal presión. Tampouco custa poñerse na pel de quen quedou sen traballo tendo bocas que manter alén da propia e sen esperanza de atopar outro soldo. E como non vai ter medo o pensionista que cobra unha miseria e aínda debe pagar pola medicación da que a vellez lle obriga a depeder. E como vai estar tranquilo o pequeno comerciante ou empresario sabendo que a xente ten que facer números para poder comprar algo. Xa non digo nada da persoa estranxeira sen cobertura e o pánico que debe sentir pensando na enfermidade.

O medo vai estendendo os brazos como un polbo, porque tamén arrepía pensar en verte incurso nun caso xudicial non gratuíto cando a xustiza deixou de ser igual para toda a cidadanía. Un accidente de tráfico mete medo non só pola integridade física senón por ter que litigalo nun xulgado.

Ben grave ten que ser ese medo cando os colectivos que se encargan de executar as súas fontes empezan a negárense a actuar. E cando a banca di que asume o compromiso de paralizar os desafiuzamentos por razóns humanitarias. Dá xenio ver o humanitario que se volveu o tinglado financeiro que nos meteu na ruína, que pagou aos directivos retiros millonarios, que recibiu inxección de cartos públicos e que estivo ata o de agora botando xente dos pisos. É de louvar a actitude dos colectivos que perderon o medo a colaborar e a actitude de quen van perdendo o medo a defender publicamente os dereitos de todos.

DA SERIE "O MEDO"

DA SERIE “O MEDO”


9 Comentarios

  1. ‘Os trabalhadores têm mais necessidade de respeito do que de pão.’ KMarx

  2. Inma di:

    Quedo sen palabras, Profe! Qué tino e sensibilidade.

  3. Fermoso texto, Helena, coma sempre. Pero desta vez atinaches máis ca nunca ao revelarnos o medo que nos invade e que non debemos deixar que atrofie a nosa resposta. A loita continúa!

  4. Merche di:

    Miedo esa es la palabra aúnque yo suelo expresarme con otra,vértigo.Miedo a la vida en si misma,al ser humano vivo porque al muerto ya no hay que temerle,miedo a expresar por el efecto o el dolor que pueda causar en los que me rodean,miedo a tantas cosas,incluso al amor,miedo,vértigo es lo mismo.
    Tengo una terrible manía de tirarme sin paracaidas perdon por ello.
    Grácias por su amistad y por sus hermosos escritos.

    • Grazas a ti, Merche. Pensando en persoas coma ti fago estes textos. O medo é terrible, pero está aí. E eu tamén son medosa de case todo, pero fago moito o exercicio de perdelo ou, cando menos, facer de que non o teño. Un abrazo grande e agradecido sempre ás túas palabras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: