Inicio » 2018 » Xuño

Monthly Archives: Xuño 2018

HELENA VILLAR JANEIRO: «Amor por catro»

O MEU ANDEL

Amor-por-catroTer nas mans un libro de Helena Villar Janeiro xa é un luxo de por si. Máis de catro décadas de dedicación á escrita téñense que notar nun xeito de escribir diferente, pleno, desenfadado; téñense que notar nun oficio que se leva por dentro e que agroma en cada páxina. E máis aínda cando a autora, amais de recoñecida narradora, é unha brillante poeta, con todo o que iso implica respecto do estilo e do xeito de contar. E nese sentido, este libro non defrauda.

Dirixido ao público xuvenil, “Amor por catro” é unha recompilación de relatos que teñen en común a temática do primeiro amor, ese que só se vive unha vez na vida pero que deixa a máis fonda pegada no noso ánimo. Son só catro relatos, moi diferentes entre si en canto a situacións e en canto a espazo xeográfico (de Marraketch ao Camiño de Santiago), que…

View original post 277 palabras máis

Dez títulos para este verán

Agradecida pola xenerosidade que Ramón Nicolás ten sempre coa miña obra, neste caso con “Amor por catro”.

Caderno da crítica

Dez títulos. Afortunadamente poderían ser moitos, moitos máis, e mesmo outras suxestións encadradas noutros xéneros as que tamén lle acaerían a estas datas como as que ofrece a poesía, con excelentes propostas que veñen aparecendo estes últimos meses, ou traballos ensaísticos que len como unha novela.

Con todo, velaquí dez libros de narrativa moi actuais, algúns recentísimos como o de Pedro Feijoo, para todo tipo de público, para todo tipo de gustos. E xa que comezamos con Pedro Feijoo, que abandeira unha proposta distinta das que xa lle coñeciamos cunha sorte de road movie vertixinosa e radical, conviría salientar que tamén entre nós a novela negra, que conta con grandes voces como as de Diego Ameixeiras ou Miguel Anxo Fernández, aumenta o abano de posibilidades con estreas narrativas como son as do Lito Vila, profesor radicado en Alemaña que nos sitúa en Campus Morte nunha Compostela que xa foi; ou…

View original post 1.070 palabras máis